miércoles, 7 de mayo de 2014



SERVILLETERO DE PINZAS




Qué se necesita?
Para o meu primeiro traballo manual decidín facer un servilletero con pinzas. Para a súa elaboración necesitei pinzas de roupa e cola.

Cómo se fai?
Hai que desmontar as pinzas, separando ambas partes e quitando a parte metálica, xa que o único que imos aproveitar é as partes de madeira.





Unha vez que teñamos todas as partes necesarias separadas podemos comenzar a pegalas. Péganse de dúas en dúas pola parte plana e logo únense todas polo borde.




Cando estén todas as partes pegadas deixanse secar ben e logo pódense decorar pintandoas con tempera de cores.






PLANTA DE MACARRÓNS




Qué se necesita?
Para esta manualidade precisase macarróns de cores, bolas de porexpan grandes e pequenas, cola e un maceteiro.





Cómo se fai?
Pegamos os macarróns á bola grande de porexpan do xeito que máis  nos guste, e facemos o mesmo coas bolas pequenas.





Cando xa teñamos todas as bolas cubertas de pasta colocámola nun maceteiro, a bola grande no centro e as pequenas ó redor.




Se se prefire pódese decorar con espray de cores antes de colocalo na maceteiro, e tamén se pode decorar o maceteiro con témperas.







POLIÑOS CON OVOS.





Qué se necesita?
Nesta acrividade imos usar ovos cocidos, un coitelo coa punta fina e unhas rodaxas de zanahorias.



Cómo se fai?
Para facer os poliños temos que empezar por pelar os ovos cocidos. Unha vez os teñamos todos pelados cun coitelo, e con moito coidado, separamos un trozo de clara de xeito que quede a xema a vista e suxeitada por outro pedazo de clara. Logo cortamos unha rodaxa de zanahoria e facemoslle forma de cresta coa axuda do coitelo e colocámola no alto da xema. Dous ovos ímolos deixar con toda a clara para representar os papás galiña e galo.